Santana Motor
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
Santana Motor SA | |
---|---|
Land Rover Santana, 1988. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1956 |
Localización | Linares, Xaén Andalucía |
Industria | Motor |
Produtos | 4x4 |
Número de empregados | 1.152 |
Notas | |
Quebrada en 2011, en liquidación. | |
Na rede | |
http://www.santana-motor.es/ e https://www.grupojpg.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santana Motor S.A. foi unha fábrica de automóbiles situada en Linares (Xaén). Tratábase da única empresa do sector 100% con capital español.
Historia
[editar | editar a fonte]Orixinalmente creouse en 1956 como a Metalúrgica de Santa Ana para fabricar maquinaria agrícola, pero en 1961 comezou a fabricar baixo licenza os automóbiles todo terreo Land Rover. Fabricou diversos modelos do mesmo, que tiveron unha enorme popularidade entre os agricultores e gandeiros españois. En 1983 Land Rover, debido a problemas económicos, cancelou a súa participación en Santana Motor, polo que a empresa comezou a comercializar versións do Land Rover baixo a marca Santana, como foi o Santana 2500, todo terreo bastante popular en toda a xeografía española durante os anos 80. A chegada ao mercado de novos modelos de todo terreo e unha certa obsolescencia tecnolóxica levou a Santana a buscar alianzas internacionais, que atopou en 1985 na marca xaponesa Suzuki. Dentro do acordo coa mesma fabricáronse modelos tales como o Samurai, o Vitara e o Jimny.
No ano 2003, Santana desenvolveu un modelo de todo terreo propio, o Santana Aníbal, baseado nos antigos Land Rover, e subministrado a exércitos como o español, o checo e o francés como vehículo todo terreo lixeiro.
Durante 2005, presentou oficialmente os modelos 300 e 350, vehículos todo terreo baseados no Suzuki Vitara, que se deixou de fabricar nas instalacións da multinacional xienense ese mesmo ano. O deseño frontal e traseiro correu a cargo do deseñador italiano Giugiaro.
2006 marcaría o primeiro ano de relación entre este fabricante español e a multinacional italiana Iveco (Fiat). Ese ano alcanzouse un acordo de colaboración para fabricar modelos en Linares coa marca e distribución de Iveco, modelo que saíu da cadea de montaxe en 2008 para ser comercializado en todo o mundo. O acordo tamén daba a posibilidade a Iveco de comprar Santana Motor ata 2010.
O primeiro modelo da relación Iveco-Santana foi o Massif, un todo terreo derivado do antigo Santana Anibal. Máis tarde lanzaríase o segundo modelo, denominado Campagnola (en honor ao mítico Fiat Campagnola), e que non e máis que un Massif en versión curta de 3 portas.
O 14 de setembro de 2009 finalizou a produción do Suzuki Jimny, dando tamén por acabada a histórica alianza co grupo xaponés Suzuki. O último acordo entre as dúas multinacionais daba a Santana Motor a posibilidade de fabricar o modelo Jimny baixo marca propia, tras cederlle o xigante xaponés a plataforma de dito modelo.
Modelos en fabricación
[editar | editar a fonte]- Santana 300/350
- Santana Aníbal (versión militar)
- Iveco Massif
- Iveco Campagnola
Acordos con outras empresas
[editar | editar a fonte]En febreiro de 2005, Santana Motor e Construcciones y Auxiliar de Ferrocarriles (CAF) chegaron a un acordo para fabricar na factoría linarense vagóns de trens lixeiros metropolitanos, coñecidos popularmente como metros. Encargouse da fabricación de unidades para o metro de Sevilla.
En outubro de 2005, Santana Motor constitúe con Gamesa unha sociedade localizada en Linares para fabricar compoñentes para a montaxe de equipos de enerxía renovables, concretamente torres de aeroxeradores eólicos.
A partir de 2005, Santana Motor iniciou o seu proceso de diversificación, selando a primeira alianza cunha multinacional líder no seu sector, a que seguiron novos acordos con empresas do sector do transporte, do eólico o da enerxía solar.
Gamesa / Daniel Alonso
[editar | editar a fonte]Santana Motor e Gamesa acordaron en outubro de 2005 a posta en marcha dun proxecto industrial conxunto para a fabricación de compoñentes de equipos de enerxías renovables nas instalacións da factoría linarense. Para iso, as dúas firmas constituíron unha nova sociedade participada, Aemsa Santana, na que Gamesa era o socio maioritario co 70% e Santana Motor participaba co 30% restante.
Posteriormente, en xuño de 2007, o Grupo Daniel Alonso acordou con Gamesa a posta en marcha dun proxecto industrial conxunto para a fabricación de torres eólicas en varios centros produtivos en España, entre os que se atopa o de Linares. Este acordo supuxo a constitución dunha sociedade denominada Windar, da que formaba parte Aemsa-Santana.
A nova sociedade, Windar, construíu en Linares unha planta cunha superficie total de 10.000 metros cadrados, que se utilizaban para a montaxe de tramos de torres para aeroxeradores de última xeración de Gamesa.
A presenza de Gamesa e Grupo Daniel Alonso no complexo industrial linarense supuxo un grande impulso para Santana Motor, non só para manter a actividade industrial que tiña, senón para abrir unha nova liña de produción que posibilitaba a consolidación dos niveis de emprego e o futuro incremento dos mesmos. Igualmente, este acordo supoñía a radicación en Andalucía por primeira vez dunha grande empresa dedicada, entre outras actividades, ao deseño, fabricación e mantemento de aeroxeradores e que atopabase nunha interesante fase de expansión e internacionalización dentro dun mercado en claro auxe.
Iturri
[editar | editar a fonte]A multinacional sevillana Iturri e a firma Santana Motor acordaron no mes de xaneiro de 2007 iniciar un novo proxecto empresarial conxunto para a fabricación de vehículos industriais lixeiros contra incendios, emerxencias e catástrofes nas instalacións que a factoría linarense tiña en La Carolina. O acordo supuxo a constitución dunha nova sociedade participada na que Iturri era o socio maioritario co 75% e Santana Motor participaba co 25%.
A nova empresa iniciou a súa actividade sobre unha planta de 7.000 metros cadrados de superficie, dos que 4.000 estaban destinados a produción e oficinas, e o resto empregábase para a almacenaxe do produto acabado ou de vehículos aínda pendentes de adaptar a outros usos específicos (contra incendios, blindados, unidades repostadoras, etc).
Iturri Santana, que nunha primeira fase se dedicaba á fabricación de vehículos sanitarios, incorporou posteriormente outro tipo de modelos industriais do sector das emerxencias, contra incendios e catástrofes. O investimento requirido nesta fase inicial do proxecto roldaba os 1,2 millóns de euros, co fin de poder adecuar e equipar as instalacións existentes para que foran utilizadas na fabricación dos produtos da nova compañía.
Suzuki
[editar | editar a fonte]Santana Motor e Suzuki Motor Corporation subscribiron no mes de marzo de 2007 un novo acordo empresarial no que se establecía unha prórroga da licenza para a fabricación do todo terreo Suzuki Jimny ata setembro de 2009.
O acordo, froito das negociacións iniciadas no Xapón en 2005 polos responsables da Consejería de Innovación, Ciencia y Empresa e Santana Motor cos da compañía nipoa, contemplaba ademais a cesión a Santana Motor, a partir de setembro de 2009 da plataforma sobre a que se fabricaba o modelo Jimny para que a firma xienense poidese comercializar este todo terreo coa súa marca, ao igual que viña facendo co Vitara dende 2006.
Enertol
[editar | editar a fonte]Dende novembro de 2007 a empresa automobilística Santana Motor reforzou o seu plan de diversificación creando unha alianza coa sociedade Enertol, da que formaba parte a empresa tecnolóxica israelí Ener-t e a compañía navarra Grupo Enhol. A nova sociedade ía a fabricar compoñentes para a industria termosolar, cunha nova planta industrial no municipio xienense de La Carolina.
Alstom
[editar | editar a fonte]A multinacional francesa Alstom, unha das máis importantes do mundo no sector das infraestruturas de xeración de enerxía e transporte ferroviario, anunciou no mes de outubro de 2007 a súa intención de instalar en Linares o seu Centro de Innovación y Tecnoloxía para o desenvolvemento de proxectos no ámbito da sinalización e infraestruturas ferroviarias.
Covasur
[editar | editar a fonte]Santana Motor reforzou en decembro de 2007 a súa liña de diversificación no sector ferroviario coa creación dunha nova sociedade froito da súa alianza coas empresas GEA 21, CAF e o Grupo Gallardo. O novo proxecto industrial céntrase na fabricación de vagóns de carga para o transporte de mercancías e denomínase Compañía de Vagones del Sur (Covasur).
Cronoloxía dos modelos
[editar | editar a fonte]Data | Serie | Descrición | Imaxe |
---|---|---|---|
Modelos fabricados dende 1956 en Xaén[editar | editar a fonte] | |||
1958-1962 | Santana Serie II | Land Rover serie II (88 polgadas) baixo licenza Rover. | |
1974-1979 | Santana Serie III | Land Lover longo. | |
1998 | Suzuki Jimny | Suzuki/Chevrolet Samurai fabricado no Xapón e noutros países. 4x4 de 1.000 cc e 45 cabalos de potencia. | |
2004 - 2011 | Santana Aníbal | O Aníbal ou PS10 para o mercado de fóra, é unha versión mellorada do Santana 2500 que á súa vez provén do Land Rover. | |
2007–2011 | Iveco Massif | Modelo derivado do Santana Aníbal. O Aníbal foi unha versión con melloras do Santana 2500 fabricado nos anos 1980 e 1990. O Massif é unha versión station wagon de 3 e 5 portas, pick-up. |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santana Motor |